CASA POUSADOIRA

CASA POUSADOIRA

É unha casa de turismo rural que leva funcionando dende 1995 con criterios de respeto polo medio rural e os seus habitantes, e de sustentabilidade. Integrado na marca Ecotur, e co ecolabel de Eceat internacional. Tamén ten asociada unha horta ecolóxica, para autoconsumo familiar e da Casa rural. Procuramos usar na maior medida posible os recursos que temos ao noso redor, simplificando a supervivencia e valorando cada elemento e cada saber

En 2011 empeza a xestarse a idea do Centro para a Resiliencia Pousadoira, onde facemos divulgación do cénit do petróleo e da crise de enerxía e materias primas que está ameazando o noso xeito de vida. Así mesmo organizamos cursos e obradoiros encamiñados a aumentar a nosa resiliencia fronte a este escenario de escaseza, a nosa resiliencia individual e colectiva.

Hoxe en día hónranos ser a sé da Asociación Véspera de Nada.

Datos de contacto:

www.pousadoira.com

www.pousadoira.com/centro-resiliencia