MOV3. Galicia Viste Consciente.

 

logo MOV3 Mostra do PosibleMOV3. GALICIA VISTE CONSCIENTE

MOV3 é –somos- un colectivo galego vinculado ó téxtil que engloba tendas, marcas, deseñadores e deseñadoras que comparte ideas e proxectos aportando cada quen o mellor de seu. Pensamos que outros xeitos de traballar son posibles. Optamos por un modelo de deseño con identidade propia que defende tanto o valor artístico das pezas como a súa calidade e durabilidade. En MOV3 camiñamos cara a eco sostibilidade, o uso responsable dos recursos naturais e a produción local; comprometéndonos co consumo responsable –consciente- e o respecto e trato digno ás persoas.

Quédanos moito por percorrer, xa estamos en mov3mento.

Datos de contacto:

www.mov3.gal