ESPIGA, ASOCIACIÓN GALEGA PARA A BIOCONSTRUCCIÓN

ESPIGA, Asociación Galega para a Bioconstrucción

É unha asociación sen ánimo de lucro que nace no ano 2013 para satisfacer a necesidade social de reunión de profesionais e particulares interesados no uso de materiais sostibles, vivendas libres de tóxicos, eficiencia enerxética e respecto social na construción.

OS FINS de Espiga son a investigación, desenvolvemento, divulgación e formación necesarias para unha construción sa, sostible, eficiente e ética que irán conformando a materialización dunha nova forma de concibir a construción máis orientada á vida, á saúde dos futuros usuarios e por ende á saúde do ámbito global ou medio no que se desenvolva.

OS MEDIOS de ESPIGA:

Apoio técnico: Facilitar o achegamento entre profesionais e usuarios vinculados á bioconstrución

Divulgación: Mediante participación/organización en feiras sectoriais, conferencias, foros e xornadas específicas que podan chegar á maior parte dos ámbitos sociais tanto públicos como privados.

Formación: Realización de cursos experimentais e obradoiros específicos para dar a coñecer a metodoloxía e tecnoloxía inherentes ó proceso da bioconstrución.

Investigación e Desenvolvemento: Relacionados tanto coas innovacións técnicas do sector da construción, como có estudo e desenvolvemento específico de materiais biocompatibles (sustentables) a utilizar neste ámbito.

DATOS DE CONTACTO:

Web: www.espigabioconstrucion.org

Facebook: https://www.facebook.com/espigabioconstrucion/

Twitter: https://twitter.com/ESPIGAbio

Mail:  espigabioconstrucion@gmail.com

Teléfono: 986 09 09 68 [de 11:00 a 13:00 de luns a venres]