C. S. A. A COVA DOS RATOS

C.S.A. A Cova dos Ratos

O C.S.A. A Cova dos Ratos leva coas portas abertas dende principios do ano 2000. É un centro social autoxestionado e constitúe un espazo aberto, participativo e independente, onde os colectivos e as persoas poden tanto facer uso como implicarse na súa xestión cotiá: ¿como? colaborando nos grupos de traballo (barra, biblioteca, secretaría…), participando nas actividades sociais e culturais, nas campañas… O centro social é de todas as persoas que o usan e fan posibel a súa existenza.
Os productos que usamos son preferentemente de comercio xusto (que é un tipo de comercio no cal a figura do intermediario desaparece, ou minimízase, e garántese unhas condicións para o traballador / productor xustas); de producción biolóxica (sen o uso de pesticidas ou productos agroquímicos), artesanais, de cooperativas (os traballadores son os seus propios xefes) ou de pequenas productoras.  Fuximos das multinacionais, e dos productos que conleven impacto medioambiental, sufrimento ou explotación de calqueira ser.
Dentro da promoción do consumo conscente apostamos polo veganismo non so por unha cuestión de preservación do medio natural, senón como o mellor xeito de actuar  fronte o sufrimento e a explotación que padecen innecesariamente millóns de animais. Todos os productos que nos temos son dunha orixe 100% vexetal, 100% libre de inútil sufrimento animal.

Datos de contacto:

Dirección: Cova dos ratos (romil 3 baixo, Vigo)
Telefono: 886 164365 ou 615403838 (ana)
Facebook: A COVA DOS RATOS