BICICLEANDO COOP. GAL.

BICICLEANDO COOPERATIVA  GALEGA DE TRABALLO

Bicicleando somos un grupo de amigos que, tras anos realizando distintas actividades xuntos, decidímonos a iniciar esta aventura. As cabezas visibles actualmente somos Alejandro, Iago e Ivana, pero hai moitos máis que están aí detrás, apoiándonos e axudándonos. Porque creemos que en Galicia temos unha contorna privilexiada que ten moito que ver e coñecer, e a bici é unha estupenda forma de facelo, a pesar da orografía variable que temos. Esperamos poder ofrecer a todas as persoas, usuarias ou non da bicicleta, unha nova opción de lecer próxima, económica e atractiva que á vez nos permita saber máis sobre o lugar onde vivimos para así aprecialo e coidalo mellor.

Misión

A través da bici, queremos levarvos pola contorna da Ría de Vigo e Pontevedra, para que o coñezades e gocédelo mellor. O noso obxectivo é ofrecer unha actividade de lecer saudable, educativa e agradable, á vez excitante e desestresante, válida para calquera momento e para calquera persoa, e que vos permita apreciar todo o bo que temos ao redor.

Visión

A nosa visión de futuro é poder dedicarnos a realizar actividades que contribúan a un mellor coñecemento e tratamento do medio natural e a necesidade de respectar o seu equilibrio en conxunto coa actividade humana. Galicia son os seus bosques, o seu mar, os seus ríos, a súa agricultura, a súa pesca, a súa industria, a súa tradición, pero todos eles apoiados sobre o seu medio, a súa fonte de recursos e é posible aproveitalo mellor, con máis coidado, apreciándoo. Con Bicicleando empezamos este carreiro que esperamos ir ampliando.

 Datos de contacto:

www.bicicleando.es

Mail: info@bicicleando.es

Teléfono: 615917 964

Facebook: http://facebook/bicicleando