ASOCIACIÓN A GOLPE DE PEDAL
É unha asociación comprometida co uso da bicicleta como medio de ocio, deporte e sobre todo transporte alternativo e respectuoso co medio.
Pedaleamos para:
Actualmente estamos integrados na Coordinadora Estatal pola Defensa da Bicicleta, Conbici, na Federación de Ciclistas Europeos, ECF, na Federación Portuguesa de Cicloturismo e Utilizadores de Bicicleta, FPCUB e na Mesa Provincial.
Co traballo conxunto con estas entidades e o contacto coa administración en nome dos usuarios de bicicleta de Vigo facemos esforzos por favorecer a mellora de infraestruturas
para a bicicleta e o seu recoñecemento como medio de mobilidade alternativa, seguro e eficiente para Vigo.
Queremos promover tamén o coñecemento e respecto da normativa de circulación referida ás bicicletas porparte de todos e a convivencia solidaria dos distintos medios de desprazamento.
E por suposto, desfrutar da bicicleta efacervos desfrutar dela con nós.
Pedaleamos xuntos:
Realizamos diversas actividades para todo o público en xeral e para os nosos socios en particular, como:
– “Unha Bici Un Sorriso” programa solidario de doazón de bicis reutilizadas a persoas sen recursos.
– A Pedaliña, xornadas festivas para a promoción e desfrute da bicicleta.
– Marcha Montes de Vigo para descubrir os nosos montes en bici.
– Semana Europea da Mobilidade, para a promoción do transporte sostible como camiñar, a bicicleta e o tte público.
Asesoramos aos socios sobre rutas, dereitos e normativa vial.
Contamos con Seguro de Responsabilidade Civil para as actividades para os socios de AGDP e pomos a disposición dos socios un seguro de responsabilidade civil e accidentes voluntario, a través de CONBICI, cunhas vantaxes e descontos.
Datos de contacto: