ADR MONTEDERRAMO E CASTRO CALDELAS
A Asociación de Desenvolvemento Rural Montederramo e Castro Caldelas é un proxecto nado a mediados deste ano 2017 que, a partir da súa actividade, baseada nos principios da economía social e solidaria, pretende reavivar a actividade social, cultural e económica na Terra de Caldelas.
A actividade da ADR ten principalmente tres eixos: dinamización e promoción sociocultural,
dinamización económica e repoboación do rural. Todo iso desenvólvese a partir dos seguintes
proxectos e/ou espazos:
– Espazo Cultural Bar A Palloza: Espazo concibido como lugar de encontro aberto que busca dinamizar a principalmente a actividade sociocultural da zona. Nela lévanse a cabo concertos, exposicións, talleres, charlas, cursos, teatro, actividades para a terceira idade, recuperación de festas populares e a posta en valor do producto ecolóxico e de proximidade.
– Casa Turística A Palleira: Casa situada no pobo repoboado de Tronceda que basea a súa
actividade no turismo responsable.
– Albergue de Cotarelo: Albergue na Aldea de Gabín que ten como obxectivo un turismo
responsable e en contacto directo coa poboación local.
En 2018 a ADR espera poñer en funcionamento tamén a Casa Turística de Montederramo e o
Albergue de Ponche de Mazaira, en Montederramo, así como a Casa das Palabras de Tronceda.
Como principais proxectos ligados aos espazos, recursos e obxectivos que dispón a ADR están:
– Espazo Coworking en Terra de Caldelas.
– Bolsa de vivenda accesible para novos poboadores e fixación da poboación.
– Escola de Bioconstrucción en Terra de Caldelas.
Datos de contacto:
Teléfono: 644 842 442
Mail: adrmontederramo@gmail.com
Facebook: https://www.facebook.com/ADR-Montederramo-1559549010773996/
https://www.facebook.com/Espazo-Cultural-Bar-A-Palloza-181611732377968