REDE GALEGA DE SEMENTES

REDE GALEGA DE SEMENTES

¿Quen somos? A rede Galega de intercambio de sementes é un colectivo preocupado pola conservación e mellora da biodiversidade agrícola, que nace coa intención de potenciar o uso de sementes de variedades tradicionais fronte as variedades comerciais, moitas veces híbridas e incluso tranxénicas, promovidas polas diferentes empresas multinacionais agroquímicas co apoio incondicional das distintas administracións.

Esta rede pretende ser unha rede autoxestionada e auto-organizada,non burocratizada, totalmente horizontal, cun banco vivo de sementes que responda ás necesidades das labregas e labregos.

¿Cales son os nosos obxectivos? O obxectivo fundamental da rede é facilitar e promover o uso, produción, mantemento e conservación de variedades antigas e locais de especies hortícolas e froiteiras, así como a conservación de especies forestais autóctonas e a promoción dos usos tradicionais das plantas silvestres, poñendo a disposición das labregas as ferramentas e recursos necesarios para acadar tal fin.

Outro dos obxectivos da rede é evitar que as sementes labregas se convertan en mercadoría das multinacionais, opoñéndonos a todas aquelas normas que vaian en contra do libre uso, por parte das labregas, das sementes tradicionais e das plantas medicinais.

Para nos as sementes son un patrimonio dos pobos ao servizo da humanidade, e debemos evitar que este ben común siga a ser roubado pola vía das patentes e dos tranxénicos para beneficio das arcas do agro-negocio e en detrimento das labregas.

Datos de contacto:

https://redegalegadesementes.wordpress.com/

Mail: redegalegadesementes@yahoo.es