A Gavela. Sistema Participativo de Garantía.

Logo A Gavela, Sistema Participativo de Garantía
A GAVELA SISTEMA PARTICIPATIVO DE GARANTÍA

Un Sistema Participativo de  Garantía é unha rede de persoas que teñen unha visión común sobre a maneira correcta de facer as cousas, e se axudan mutuamente a mellorar nas súas prácticas.

Ao contrario que os sistemas de certificación “de terceira parte”, nos que unha entidade exterior vixía o cumprimento de certos requirimentos para o emprego dunha palabra (“ecolóxico”, “orgánico”, “biolóxico”, etc.) ou a concesión dun selo, nos Sistemas Participativos é a comunidade completa que se apoia e supervisa a si mesma: produtoras, consumidoras e pequenos comerciantes participamos da definición das técnicas que nos parecen desexables e as que nos parécen inadmisibles, e visitámonos unhas ás outras para verificar que os membros do grupo son coherentes con eses criterios.

Estamos presentes no sudoeste da Galiza, en concreto as comarcas de Pontevedra, Terra de Montes, O Morrazo, Vigo, Condado, Paradanta e Baixo Miño. Abarcamos a produción e comercialización de produtos hortícolas, froitícolas, agrícolas, gandeiros e apícolas. Aínda que non se descarta integrar, no futuro, novos sectores de actividade. O SPG está formado e destinado tanto á produción como á transformación, comercialización e consumo. Todos os actores da cadea alimentaria teñen o seu sitio dentro do sistema, e son susceptibles de obter o certificado SPG.

Datos de contacto:

http://spg.saramaganta.info

Se queres unirte ao SPG, como produtor, como comercio, como grupo de consumo, ou como persoa individual podes solicitar a alta no seguinte correo:

spg-agavela@saramaganta.info

De igual xeito, se precisas calquera tipo de información podes contactarnos na mesma dirección de correo.