FEITORÍA VERDE

FEITORÍA VERDE

É unha cooperativa conta cun equipo de traballo de mulleres que entenden a educación ambiental como unha ferramenta imprescindible para a sensibilización e participación activa da cidadanía, e a agroecoloxía como unha vía para conseguir un rural vivo, activo e sustentable. Queremos ser axentes de dinamización social e traballamos para potenciar a capacidade de participación das persoas e dos colectivos. O noso fin: mellorar a nosa relación co medio ambiente.

Concibimos a educación ambiental como ferramenta para a participación, a aprendizaxe mutua, o intercambio de experiencias e a valorización de recursos e prácticas, endóxenas e innovadoras.

Feitoría Verde  aposta por unha economía social propiciatoria de mellorías ambientais, que busca sinerxías e complementariedades entre proxectos e empresas. Temos como obxectivo propiciar cambios sociais que melloren a percepción e actitude sobre o medio ambiente, integrando criterios éticos e de profesionalidade.

DATOS DE CONTACTO:

Web: www.feitoriaverde.com

Facebook: www.facebook.com/feitoriaverde

Twitter: www.twitter.com/feitoriaverde

Mail: feitoriaverde@feitoriaverde.com
Teléfonos: 698 161 760 || 698 164 249