ESPAZO VEGAFEMINISTA
Por que formamos Espazo VegaFeminista?
Xa levamos uns anos de percorrido deste espazo, que pretende ser un lugar de debate sobre as necesarias alianzas entre os feminismos e o antiespecismo. Únenos unha preocupación: como artellar un movemento que defenda os feminismos e os movementos de defensa dos animais. Sentimos, cada unha desde o seu lugar, que estes dous movementos están moi distantes, e queremos tentar traballar no seu achegamento.
Facemos Obradoiros dirixidos a todas as persoas interesadas en aproximarse ao “Vegafeminismo”; e tamén temos publicada unha “Guía de como evitar o sexismo no movemento antiespecista”, que partillaremos con todos os colectivos interesados neste eido.
Datos de contacto:
Facebook:
“Espazo vegafeminista”Nesta páxina vamos colgando novas de interese que vencellan os feminismos e o antiespecismo, así como artigos de interese para reflexionar e debater.
Para por-vos en contacto connosco, unir-vos ao noso traballo, debater, tamén podedes escrever a: espazovegafeminista@gmail.com