Comunidade de Montes de Matamá

TRABALLOS QUE ESTA A DESENRROLAR A COMUNIDADE DE MONTES DE MATAMÁ

Dicir que os lumes do outono pasado queimaron o 80% do monte comunal que xestionamos que ten unhas 20 Ha en total. Este feito obrigounos a adiantar os traballos que estaban previstos para 10 anos.

Os montes de Matamá foron empregados de xeito tradicional para a extracción de pedra de canteira, o que deixou detrás foi un monte cheo das cicatrices, propias desta labor e que nunca foi restaurado debidamente, senón que o que se fixo foi unha agresión aínda maior; plantaron entre os cascallos piñeiros e eucaliptos.

Xa desde que se creou a Comunidade de Montes de Matamá a intención foi sempre restaurar as canteiras e mudar o uso do monte pero foi ca entrada da actual xunta rectora, cando se tomou a determinación de que a Restauración do monte o seu estado natural era a nosa prioridade.

Os lumes queimaron piñeiros, eucaliptos pero o peor e que queimaron tamén todo o traballo de restauración que levabamos feito, unhas 6Ha de carballo, castiñeiro, sobreiras, freixos, bidueiros e un longo etcétera de arbores e arbustos que completan a lista dunhas 50 especies diferentes ca que estamos a traballar, todas elas eran arbores xoves e non puideron defenderse do lume tan so unha carballeira vella dunhas 2 Ha salvouse, non so resistiu o lume senón que apagouno a escasos metros do borde.

Na actualidade retiramos xa a totalidade da madeira queimada, estamos a traballar con maquinaria pesada para nivelar e engadir terra vexetal o monte ode se precisa. Loitamos arreo contra o invasor eucalipto, pero tamén contra os piñeiros, acacias e herba da panpa entre outras invasoras.

Xa nesta primavera pasada sementamos cunha mestura de herbas autóctonas que empregamos na restauración e reforestamos algunhas parcelas. Un dato os castiñeiros que empregamos son clons e están micorrizados con boletus o igual que algúns dos carballos e sobreiras que empregamos.

Estamos a construír unha lagoa duns 2000m2 de lamina de auga que ten que se converter nun santuario para anfibios, pero que tamén pode servir como toma de auga contra os lumes ou para regar. Imos a facer 2 miradoiros, por sorte as vistas dende o noso monte son espectaculares. Esperamos iniciar en breve a restauración dunha canteira duns 20.000m3 cos seus muros de contención etc. Traballamos na ampliación do parque forestal no que inauguramos o ano pasado unha casiña de madeira que e o noso pequeno local social.

Temos un grupo de colaboradores cos que puxemos en marcha un viveiro forestal, nos proporcionamos a semente e as bandexas forestais e eles comprométense a coidar as plantas , un ou dous anos con transplante incluído, logo dese tempo plantámolas no monte.

Datos de Contacto:

Mail: montedematama@gmail.com

Dirección Postal: Castro, 19 – 36213 Matamá – Vigo

Tlf. 688914370