COLONIAS CANGUESAS

Logo ColoniasCOLONIAS CANGUESAS

É unha organización dedicada o coidado dos gatos da rúa no Morrazo. Nestes intres, por falta de aportacións económicas ede voluntariado, vemonos obrigados a restrinxir as nosas actividades ao concello de Cangas, ainda que é o noso obxetivo ampliar o noso campo de actuación a toda a península do Morrazo.

A asociación compónese única e exclusivamente de voluntarias/os, que dedican seu tempo libre a atender as necesidades dos gatos, dándolles alimento, coidados veterinarios, agarimo, etc… loitando sempre por manter o benestar animal.  Sempre precisamos máis e máis voluntarias/os, cantos máis sexamos, máis cousas podemos facer por eles.

Como non dispomos de axudas económicas suficientes até o momento, necesitamos donativos que conseguimos a través de eventos variados, así como doazóns tanto económicas como materiais de xente anónima.

Outra forma de colaborar é apadriñando un gato: isto consiste nunha achega económica periódica (o mínimo son 5E o mes), a cambio do que o teu afillado gatuno enviarache información periódica e fotos para que sempre esteas informado de como lle vai.

Ademais disto, necesitamos casas de acollida para algúns gatos que na rúa pásano mal, ben sexa por patoloxías varias, por idade, ou por socializar a un gato rueiro antes de dalo en adopción.  A casa de acollida fan un labor incrible e son moi necesarias para Colonias Canguesas, xa que hai certas cousas que non podemos facer a pé de rúa, e non dispomos de refuxio nin instalacións en que poder facelo.

E por último, damos en adopción gatos que necesitan a calor dun fogar e o agarimo dunha familia.

Datos de contacto: