COLECTIVO DesPensa
É un grupo aberto, autoxestionado, asambleario, participativo e horizontal, composto por persoas preocupadas pola saúde, a calidade e produción dos alimentos, o coidado do medio e a soberanía alimentaria; que dende aproximadamente agosto de 2012 ven reuníndose periódicamente co obxectivo de levar á práctica e promover unha alternativa ao sistema agroalimentario predominante.
Trátase de ofrecer un espazo común para a xente interesada en Des-Pensar a nosa forma de alimentarnos e todo oproceso que conleva, adoptando unha actitude crítica fronte ó modelo de consumo imposto e tentando levar á práctica xeitos máis éticos de satisfacer as nosas necesidades alimentarias.
Ultimamente estamos tamén comezando a ampliar os nosos intereses a outros sectores como a roupa e os produtos de hixiene.
Tamén nos parece importante a formación e as actividades paralelas que van xurdindo no grupo.
Datos de contacto:
http://spg.saramaganta.info/despensa/
Mail: gavm@riseup.net
Telf: 600606166 (tardes)