CMVMC de TEIS

CMVMC de TEIS

O monte comunal de Teis, é un pequeno monte periurbano, que abrangue o Monte da Madroa. Que ten unha problemática medioambiental grave ca invasión de acacias.
A xunta rectora da comunidade de Montes de Teis elaborou os actuais estatutos que defenden unha filosofía conservacionista e ecoloxista que ten como principio fundamental, rexenerar en toda a superficie do monte, o modelo de bosque autóctono, de fraga galega, onde se conserve un ecosistema completo ca máxima biodiversidade posible actuando en tódolos niveis da flora, e rexenerando o hábitat para a fauna. Pasando a un segundo plano a posible productividade economica. E promoven o uso social e sostible do monte, apostando pola educación ambiental das futuras xeracións de posibles futuros comuneiros.
Actualmente xa hai zonas recuperadas e consolidadas, e zonas en proceso de rexeneración, e tamen zonas onde inda non se actuou e que están inzadas de acacias.

Por outra banda a comunidade de montes de Teis esta facendo, con propietarios lindantes o monte comunal, convenios de custodia do territorio a través da plataforma de custodia do territorio, que depende da Fundación Biodiversidad, para eliminación das acacias e eucaliptos nesas parcelas, creando unha zona de atenuación de invasoras entre as parcelas privadas e o monte comunal.

Datos de contacto:

Enderezo: Paradela N° 70 Teis – 36216Vigo
Persoas de contacto:
Eduardo García Crespo. 606548308
Alfonso Pazos López.    605540087
Email: cmontesteis@gmail.com
alfonso.ons@gmail.com