ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza)

Logo Adega Mostra do PosibleADEGA

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) conta con máis de 40 anos de experiencia no País; é un colectivo ecoloxista, democrático, independente e sen ánimo de lucro que traballa en defensa do medio ambiente galego e global do que depende a nosa calidade de vida.

ADEGA avoga por un modelo de desenvolvemento ecoloxicamente sustentábel e socialmente xusto, por un modelo de desenvolvemento sen destrución ambiental que reduza as desigualdades dentro de cada país e entre países.

ADEGA é a asociación de defensa ambiental máis activa e con maior implantación do noso país, cunha experiencia de traballo de máis de 25 anos. Centramos o noso traballo en Galiza sen por iso deixarmos de ter unha visión global da problemática ambiental e de exercermos na medida das nosas posibilidades a solidariedade coas loitas ambientalistas doutros pobos.

ADEGA entende que a diversidade biolóxica ten o seu reflexo na diversidade cultural e que ámbalas dúas deben ser preservadas. Isto supón no noso caso asumir un compromiso coa defensa da cultura e a lingua propias de Galiza.

ADEGA forma parte da Federación Ecoloxista Galega (FEG) que agrupa á maioría das asociacións ecoloxistas galegas, da Oficina Europea do Ambiente (OEA), a federación constituída polas organizacións de defensa do ambiente máis importantes da Unión Europea, da Federación Transporte e Medio Ambiente Europea, da Plataforma Nunca Máis, da Coordenadora para a Defensa dos Ríos (COGADER) e da Coordenadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA)

Datos de contacto:

http://adega.gal

Enderezo: Travesa dos Basquiños, 9 – baixo
15704 Santiago de Compostela – A Coruña

Teléfono: 981 57 00 99 // Fax: 981 57 00 99 // E-mail: adega@adega.gal