Roteiro Público

Roteiro Público

Tódolos roteiros da Mostra do Posible son públicos, gratuitos e abertos a tódalas persoas que queiran participar. Enton, por que lle chamamos así a este Roteiro??

Achégate e atrévete a reflexionar sobre as cousas que son públicas, gratuitas e universais (ou casi), na nosa vida.

En que medida nos condicionan?, que sabemos sobre o que lles está ocorrendo?, que podería pasar si as perdemos?…..

Coma nos demais Roteiros da Mostra do Posible 2019,  todo comezará cunha introdución teatralizada que te permitirá afondar no tema.

Logo, poderás coñecer as propostas que poñen a vida e ás persoas no centro da súa actividade permitíndonos pensar que outro mundo é posible, tamén neste tema.

Incluso poderás resolver as túas dúbidas presencialmente e  comezar, ti tamén, a contribuír na creación dunha sociedade máis respectuosa coas persoas e co noso entorno.