Roteiro pola Terra

Roteiro pola Terra

En agosto do 2018 unha rapaza sueca ponse en folga escolar.

O 15 de marzo de 2019 máis de 2.000 cidades de todo o mundo secundan o seu exemplo.

O 24 de maio repítense as mobilizacións e o 27 de setembro haberá unha nova folga global polo clima.

Trátase dunha gran operación de marketing?

Será que a xente nova estanos a tirar das orellas aos que xa non somos tan novos?, somo nós os que non fixemos os deberes?

Coma nos demais Roteiros da Mostra do Posible 2019,  todo comezará cunha introdución teatralizada que te permitirá afondar no tema.

Logo, poderás coñecer as propostas que poñen a vida e ás persoas no centro da súa actividade permitíndonos pensar que outro mundo é posible, tamén neste tema.

Incluso poderás resolver as túas dúbidas presencialmente e  comezar, ti tamén, a contribuír na creación dunha sociedade máis respectuosa coas persoas e co noso entorno.