Roteiro do Posible

Roteiro do Posible

Cada día tomamos decisións que repercuten na vida de outros e no  planeta, aínda que quizais non sexamos conscientes.

Podemos apoiar a guerra e os pesticidas ou a construción dun mundo mellor. Que elixirías ti?, Saberías por onde comezar?

 

Coma nos demais Roteiros da Mostra do Posible 2019,  todo comezará cunha introdución teatralizada que te permitirá afondar no tema.

Logo, poderás coñecer as propostas que poñen a vida e ás persoas no centro da súa actividade permitíndonos pensar que outro mundo é posible, tamén neste tema.

Incluso poderás resolver as túas dúbidas presencialmente e  comezar, ti tamén, a contribuír na creación dunha sociedade máis respectuosa coas persoas e co noso entorno.