Proxeccións sobre xénero na Mostra do Posible

Nesta segunda edición da Mostra do Posible decidimos abordar, mediante proxeccións e debate, dúas cuestións que nos parecen centrais na problemática de xénero como son: a cultura do medo ao acoso na rúa e a prostitución.

O sábado 6 ás 22:00 na A.C A Tiradoura proxectarase “Tódalas mulleres que coñezo” de Xiana do Teixeiro. Este film aborda de xeito innovador e moi sincero a relación entre o espazo público e a identidade de xénero. O acoso na rúa e a cultura do medo é algo cotiá así que o debate posterior á proxección seguro que é ben interesante.

Aquí o trailer: https://vimeo.com/243461532

 

O domingo 7 ás 20:00 no salón de plenos do Concello de Cangas proxectarase “A Muller invisible” de Noemí Chantada. Este film da voz a unha prostituta que fala en primeira persoa sobre o seu traballo.

Aquí o trailer: https://vimeo.com/235363278

Tras a proxección abriremos o debate sobre a prostitución dende o feminismo coa participación de:

  • Noemi Chantada, realizadora do film.
  • Verónika Arauzo. Traballadora sexual y militante pro trabajo sexual.
  • Médicos do Mundo. Entidade pertencente á Rede Galega contra a Trata que traballa a diario con mulleres en situación de prostitución.
  • Faraxa.  Entidade pertencente á Rede Galega contra a Trata que traballa a diario con mulleres en situación de prostitución.