O Fiadeiro

Logotipo do colectivo "O Fiadeiro" para a web da Mostra do Posible

O FIADEIRO

“O Fiadeiro” é unha agrupación de mulleres que nace da idea de recuperación do saber de procesar a la de ovella e outras fibras, as cales son recursos naturais próximos e valiosos que estaban a ser desbotadas en moitos casos como lixo.


A la simboliza ademáis moitas outras cousas, o traballo diversificado das mulleres, a trasmisión do saber, e a celebración entorno a un labor que se facía colectivamente. O de fiar é un labor que ademáis require de constancia, pacencia, e pon en valor un recurso local que nos proporciona un material de primeira calidade para a elaboración de prendas, cunhas características que o fan moi confortable.

    Desde o Centro para a Resiliencia Pousadoira comenzamos fai xa 9 anos a impulsar a recuperación de saberes tradicionais, mediante a realización de xornadas e cursos sobre bioconstrucción, plantas medicinais, manexo tradicional dos sistemas agrarios, elaboración de conservas, aproveitamento da la, etc. É destas xornadas e cursos que nace este grupo, “O Fiadeiro.”

CONTACTO:

Gabriela Ladrero Martin – Teléfono: 619928128