Faircoin, unha moeda social para Galicia?

Faircoin é unha criptomoeda ecolóxica e democrática cun uso social.

Existen diferentes modelos de moedas sociais, aínda que todas cuestionan o papel que tradicionalmente xogan os cartos. Asumimos o euro como unha realide establecida, mais podemos consensuar outras formas de medir o intercambio de bens e servizos nunha comunidade. Deste xeito, as moedas locais incrementan os intercambios económicos na comunidade. Faircoin pretende converterse nunha moeda social universal.

Faircoin é unha moneda social que xa está en funcionamento en diferentes paises do mundo. En Galicia xa hai 45 tendas, colectivos e empresas que aceptan faircoin como método de pago:

https://galiza.fair.coop/dir/

No resto do mundo:

As moedas sociais buscar crear unha rede de intercambio de produtos e servizos entre persoas que comparten valores. Neste sentido, a proposta de faircoin está relacionada coa temática central desta edición da Mostra do Posible a creación de alianzas, rede, e vínculos entre colectivos.

O sábado 6 ás 12:30 poderás coñecer de primeira man o funcionamento desta moeda social. Si xa funciona a nivel internacional preguntámonos, ¿será unha moeda social axeitada para articular os diversos proxectos transformadores de Galicia?

FairCoop Galicia colabora coa Mostra do Posible realizando unha aportación en faircoins aos colectivos participantes para que coñezan esta moeda.  Faircoin é a moeda oficial da II Mostra do Posible, polo que os postos de comida e de bebida unicamente aceptarán este método de pago.

Máis sobre faircoin:

https://galiza.fair.coop/faircoin/

https://galiza.fair.coop/faircoin-unha-moeda-social-universal-2/