EXcLursión

EXcLursión

Non cometemos un erro ortográfico!!. Esta vai a ser unha excursión diferente… Camiñaremos para pornos nos zapatos de outro.

Vivimos nunha sociedade de mercado pero, nesa competición, partimos todos da mesma situación???…

Suponse que vivimos nun “Estado de Benestar” pero a nosa sociedade é capaz de incluír ás diferentes???….

Coma nos demais Roteiros da Mostra do Posible 2019,  todo comezará cunha introdución teatralizada que te permitirá afondar no tema.

Logo, poderás coñecer as propostas que poñen a vida e ás persoas no centro da súa actividade permitíndonos pensar que outro mundo é posible, tamén neste tema.

Incluso poderás resolver as túas dúbidas presencialmente e  comezar, ti tamén, a contribuír na creación dunha sociedade máis respectuosa coas persoas e co noso entorno.