O 1, 2 e 3 de outubro celebrarase a Escola das Economías Transformadoras para reflexionar sobre a necesidade de camiñar hacia un novo modelo económico máis social, colaborativo e sostible. Cada día participará unha ponente cun perfil académico e varias entidades que aportarán a súa experiencia práctica dende as economías transformadoras.
A participación é totalmente GRATUÍTA, mais limitada ao aforo máximo (25 persoas) en cumprimento do protocolo COVID. Inscríbete cubrindo o seguinte formulario antes do martes día 29 de setembro. Terán prioridade aquelas persoas que poidan asistir ás tres xornadas nos horarios establecidos.
A Escola das Economías Transformadoras realizarase no Salón de Plenos (1º andar) do Concello de Cangas do Morrazo coa seguinte programación:
XOVES 01.10.20. (16:00-21:00)
PENSAMENTO E ACCIÓN
Pensamiento crítico situado para o cambio civilizatorio.
Isabel Rauber. Doutora en Filosofía, investigadora e experta en movementos sociais latinoamericanos.
Experiencias dende as econonomías transformadoras: Finanzas éticas.
Fiare Banca Ética.
AIS O Peto.
Coop 57
VENRES 02.10.20. (16:00-21:00)
XUSTIZA E SOBERANÍA ALIMENTARIA
Pensa global, come local: propostas ante un sistema alimentario en crise.
Marta Ribó. Doutora en Farmacia e coordinadora de “Justicia Alimentaria” no País Valenciá.
Experiencias dende as econonomías transformadoras: Soberanía Alimentaria
Árbore cooperativa
Sistema Participativo de Garantía A Gavela
Asociación O Toxo
Pouso da Serra cooperativa
SÁBADO 03.10.20 (09:00-14:00)
CRISE DE MODELO E RESILIENCIA
A inevitabilidade do cambio productivo por imperativo climático.
Antón Lois. Técnico Medioambientalista e activista de “Amigos da Terra”.
Experiencias dende as econonomías transformadoras: Economía Solidaria.
REAS
Nosa Enerxía
Artigo 14