PROXECTO INTEGRAL COMPOSTELA
Somos veciñas e veciños da bisbarra de Compostela creando un proxecto integral para a nosa comarca.
Queremos producir e mercar todo o que fai falta para as nosas vidas – alimentación, vestiario, vivenda, saúde, educación, servizos, tecnoloxía, … – queremos facelo de xeito ético, local, autoxestionado e informado.
Este proxecto está concebido como aberto, integrador e transversal, e por iso convidámoste a participar del.
Cómo funciona o proxecto?
– Asemblea xeral mensual. Aberta a todas as persoas interesadas en coñecer o proxecto e participar en él.
– Xornadas de convivio e formación. Para coñecerse, debater, aprender e construir.
– Mercadiño en moeda social. Intercambios de produtos e servizos coa nosa propia moeda social: as landras. En internet e nas asembleas e xornadas.
-Grupo de consumo en moeda social. Temos un grupo de consumo interno no que facemos pedidos directamente a produtoras/es locais. Unha porcentaxe do prezo final costéase en landras.
-Comercio local en LANDRAS. Ademáis de intercambiar produtos e servizos entre particulares, tamén temos comerciantes locais que aceptan unha porcentaxe dos seus produtos en landras.
Datos de contacto: