INTERGAL S. COOP. GALEGA
INTERGAL deseñadora do proxecto da CAIXA VIRTUAL conta coa colaboración de ÁRBORE, cooperativa de consumo consciente, para a exploración e posta en marcha do proxecto na primeira fase experimental.
Fundada en 1999, por cinco traballadores/socios dunha sociedade anónima que deciden constituírse en cooperativa, INTERGAL está integrada por un equipo altamente cualificado: expertos en traballos de análise e desenvolvemento de aplicacións informáticas para clientes finais.
A súa progresiva experiencia e formación continuada permítelles manter uns niveis de alta calidade tanto nas implantacións como nos traballos posteriores de mantemento e actualización.
Está presente en asociacións profesionais como o CLUSTER GALEGO DAS TIC e AGASOL (Asociación de Empresas Galegas de Software libre), pondo énfase no seu carácter de entidade identificada cos principios de economía solidaria, como un camiño alternativo á tendencia de aplicar estratexias neoliberais, aparentemente eficaces a curto prazo, pero desastrosas no medio ou longo.
Socialmente, INTERGAL participa en entidades representativas do movemento social, que buscan un desenvolvemento sustentable, que propugnan principios de solidariedade, respecto pola natureza e patrimonio cultural e social, e unha concienciación das persoas da súa responsabilidade social. Estamos integrados en ESPAZOCOOP, REAS GALICIA, COOP57, FIARE, como cooperativa e, a nivel persoal dos socios, noutras asociacións de diversa índole.
Na súa praxe interna, ademais dos obxectivos profesionais, preténdese profundar nos principios que instrúen a estratexia cooperativa, atendendo a continua formación e aplicación dos principios cooperativos.
O principal obxectivo de INTERGAL é obter un produto da máxima calidade e utilidade posible, fidelizando os clientes polos bos resultados obtidos, e nunca en base a estratexias de reserva de coñecemento e segredo respecto dos deseños demasiado personalizados.
Entendendo son alicerces fundamentais para que un produto informático teña a máxima utilidade:
* VALORAR adecuadamente a base de información do cliente, os seus protocolos de funcionamento e, en definitiva, a súa experiencia.
* DISTINGUIR os “vicios” e malos hábitos, para expor as melloras e correccións adecuadas.
* TESTEO continuo das novidades e propostas, para unha eficaz renovación eimplantación de novas funcionalidades, en estreita colaboración cos responsables do usuario.
* DIÁLOGO E SINCRONIZACIÓN dos analistas, programadores, operadores e usuarios, buscando melloras e simplificacións que optimicen os procedementos.
Os principios nos que se basea a metodoloxía de traballo, establécense nos seguintes puntos:
- ADAPTABILIDADE ÁS NECESIDADES QUE DETERMINA O USUARIO.
- APLICACIÓNS VIVAS, EVOLUCIÓN EN TEMPO REAL.
- BOA COMUNICACIÓN USUARIO/PROGRAMADOR.
- PÓR AO SERVIZO DO “BEN COMÚN” A TECNOLOXÍA INFORMÁTICA.
Datos de contacto:
Mail: intergal@intergal-coop.com
Teléfono: 986 447 014