ASOCIACIÓN COSTAVALES
É a entidade encargada da dirección, control e xestión do sistema de vales chamados COSTAVALES na Costa da Morte.
Organización sen ánimo de lucro creada en 2015, impulsada pola Asociación de Empresarios de Santa Comba e adicada á xestión e potenciación do sistema dos costavales.
Os costavales son un sistema de vales para o seu uso nos comercios e negocios de todo tipo da Costa da Morte.
Cales son os obxetivos dos COSTAVALES?
- Fidelizar clientes dos comercios locais.
- Aumentar os intercambios comerciais locais entre os propios comercios da comarca.
- Potenciar a economía da zona no seu conxunto.
- Fornecer liquidez ás empresas da zona.
- Servir como reclamo publicitario para os comercios que participen do sistema.
- Minimizar a riqueza (liquidez) producida na zona que marche para fóra dela.
- Mobilizar recursos inactivos tanto empresariais como humanos.
- Axudar a cubrir as necesidades básicas da poboación máis desfavorecida da zona.
- Darlle pulo ao tecido asociativo e social local.
- Aumentar a resiliencia local.
Datos de interés:
http://www.costavales.com/blog/gl/
Mail: consultas@costavales.com
Teléfono (+34) 981 818604.