¿Por que a Economía Social e Solidaria é unha ferramenta de transformación social?

A Economía Social fai referencia á actividade de entidades que se organizan como cooperativas, mutuas, asociacións ou fundacións. O movemento cooperativo leva implícito priorizar o interese xeral antes que o particular.

A Economía Solidaria é aquela parte do movemento cooperativista que ademais decide asumir e rexerse por 6 principios: equidade, traballo, sustentabilidade ambiental, cooperación, ausencia de lucro, e compromiso coa contorna.

A Economía Solidaria sitúa as persoas e a vida no centro da súa actividade por riba dos intereses do capital. Sobre os intereses lucrativos predomina o ben común e a protección do medio.

O sábado 6 ás 19:00 coñeceremos porque a Economía Solidaria é unha ferramenta de transformación social e permite construír unha sociedade máis xusta, da man de entidades tan diversas como: