REDE GALEGA DE APOIO AS PERSOAS REFUXIADAS

REDE GALEGA DE APOIO ÁS PERSOAS REFUXIADAS

É un espazo construído desde diferentes organizacións sociais, políticas e sindicais co obxectivo de denunciar publicamente a inhumana xestión da crise das persoas refuxiadas levada a cabo polas diferentes institucións e gobernos da UE.

O noso campo de acción comeza na denuncia política inmediata, na esixencia de medidas a curto prazo que permitan a pasaxe segura das persoas refuxiadas nas fronteiras e, por suposto, da derrogación do infame pacto de expulsión masiva con Turquía. Continúa polo traballo de debate social, apelando a todas e todos nós a demostrar a solidariedade da que carece quen goberna no noso nome. E alcanza o necesario enfoque global que cuestiona o conxunto da política migratoria da UE e reclama o final dos conflitos bélicos que levan por diante os dereitos das persoas que, coma nós, só queren desenvolver unha vida en paz.

Datos de contacto:

http://www.rederefuxiadas.org

Teléfonos:
662307019 (Miguel)
638835372 (Adrian)
616871886 (Isabel)

Mail: rederefuxiadasgal@gmail.com