Movemento Galego pola Defensa das Pensións Públicas (MODEPEN)

Movemento Galego pola Defensa das Pensións Públicas (MODEPEN)

(MODEPEN), é un colectivo composto de xubiladas, xubilados, persoas en activo, persoas en paro e estudiantes fondamente preocupados pola deriva que se está a producir no Sistema Público de Pensións. Estamos asociados para, de forma organizada, loitar contra das medidas antisociais tomadas polos gobernos claramente dirixidas á desaparición deste Sistema, e encamiñadas a favorecer plans de pensións privados para beneficio dos seus amigos da banca e das grandes aseguradoras, en prexuízo da clase traballadora que en moitos casos, se non lle plantamos cara, nos levarán a subsistir coas axudas da beneficiencia.

Falamos dun colectivo solidariamente organizado, plenamente democrático, asambleario e participativo. Fóra de todo sometemento a ninguna instancia partidaria, institucional ou patronal, pero abertos á máis estreita colaboración solidaria con todo colectivo humano disposto a defender consecuentemente a xustiza social e unha vida digna para a humanidade.

Datos de contacto:

www.modepen2016.wixsite.com/modepen