MASA CRÍTICA
A Masa Crítica é unha coincidencia de ciclousuarios que celebran unha vez ao mes, en calquera cidade do mundo, o uso da bicicleta como medio de mobilidade urbana sostible e eficiente.
Consiste en percorrer en bicicleta a cidade para NORMALIZAR o seu uso como medio de mobilidade e EDUCAR na CONVIVENCIA, o uso compartido da rúa, o RESPECTO e a SOLIDARIEDADE entre os usuarios da rúa.
Para participar simplemente achégate coa túa bicicleta ao punto de encontro e circula normalmente pola cidade en compaña dos demais ciclousuarios, e recorda, ao anoitecer e de noite debes traer luz dianteira e traseira para facerte ver, e timbre.
Quedamos no Paseo de Alfonso XII de Vigo o último xoves do mes ás 21:00 en verán e ás 20:00 no inverno.
Se eres ciclousuario ÚNETE cada fin de mes á Masa Crítica e axuda a PACIFICAR as rúas da túa cidade coa bicicleta.
Datos de contacto: