MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES

MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES

Somos un movemento internacional de accións feministas que reúne grupos, organizacións de base e mulleres que traballan para eliminar as causas da pobreza e da violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e discriminación cara ás mulleres. Os nosos valores e accións oriéntanse a un cambio político, económico e social. Os mesmos que se centran na globalización da solidariedade, na igualdade entre mulleres e homes, entre as propias mulleres e entre os pobos; o respecto e recoñecemento da diversidade entre as mulleres; na multiplicidade das nosas estratexias; na valorización do liderado das mulleres, e no fortalecemento de alianzas entre as mulleres e outros movementos sociais progresistas.

 

Datos de contacto:

http://www.feminismo.info
Twitter: @MMMGaliza
Facebook: https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza

Mail: nacional@feminismo.info