ASUMCORDAS ASEMBLEA FEMINISTA

ASUMCORDAS

É unha asemblea feminista non mixta que loita por derrocar o sistema patriarcal desde un feminismo interseccional, anticapitalista e de apoio ó colectivo LGTB.

 

Xurdimos este verán en Cangas coa intención de xuntar forzas entre rapazas que teñan ganas de organizarse e levar a cabo proxectos para estender a sororidade e crear conciencia feminista na vila.

 

O noso nome fai referencia a un tipo concreto de meigas, as Meigas Asumcordas, tamén coñecidas como ‘’bruxas da rúa”, encargadas de patrullar as rúas polas noites e atopándose sempre listas para atacar.

 

Como meigas cangueiras, organizámonos para seguir o camiño de todas as mulleres bravas da nosa vila que no seu día atrevéronse a desafiar a orde establecida e loitaron por facer deste mundo un lugar máis xusto para todas.

 

Para estar ó tanto do que facemos, podedes seguir a nosa actividade en calquera das nosas redes sociais (@afasumcordas en facebook, instagram e twitter).

 

Avante coa loita feminista!

 

DATOS DE CONTACTO:

 

Facebook: www.facebook.com/AF-Asumcordas-2132733763644391/

 

Twitter: www.twitter.com/afasumcordas