ASOCIACIÓN PÚRPURA

ASOCIACIÓN PÚRPURA

É unha asociación nada en Cangas, Pontevedra en 2011 co gallo de defender o feminismo así como promover e divulgar accións con perspectiva de xénero..
Temos como obxectivos:
a.- A defensa das liberdades, os dereitos e os intereses das mulleres en tódolos ámbitos – social, cultural, laboral, familiar e político-, así como a súa integración na sociedade en igualdade de condicións e o fomento da súa participación en tódolos sectores da vida pública.
b.- Denuncia de todo tipo de discriminación –laboral, social, educativa- cara á muller polo simple feito de ser muller. Así como apoio e axuda ás mulleres que sofren este tipo de situacións.
c.- Impulsar a conciliación e o reparto equitativo das responsabilidades familiares para compartir o traballo e compartir o poder.
d.- Activar o papel da muller na sociedade a través da cultura, educación, deporte e formación.
e.- Defensa e apoio ás mulleres vítimas de violencia de xénero e aos seus fillos e fillas.
f.- Promover solidariedade e encontro entre diferentes asociacións.

DATOS DE CONTACTO

Correo: asociacionpurpura@gmail.com

Facebook: https://www.facebook.com/Asociaci%C3%B3n-P%C3%BArpura-229784310437622/

Twitter: https://twitter.com/AsocPurpura

Instagram: https://www.instagram.com/asociacionpurpura/

Tfno contacto: 687125324 / 637170003