TEATRO ENSALLE

TEATRO ENSALLE

é unha compañía de creación contemporánea e investigación. Nace en Madrid en 1995 e en 2003 trasládase a Vigo (Galicia), desde onde seguen creando na actualidade. Con vinte e unha montaxes na súa traxectoria artística, realizou máis de cincocentas representacións en salas, teatros, festivais e circuítos de España, Portugal, México, Arxentina ou Uruguai.

Nos primeiros anos levan a escena textos de autores como Thomas Bernhard, Werner Schwab ou Michel Azama e desde 2005, traballan con textos de Pedro Fresneda, autor, director e iluminador da compañía.

En 2009 con 105 pasos ou a mecánica da carne e en 2010 coa última fila, a compañía fué seleccionada para realizar a xira da Rede Estatal de Salas Alternativas (España). En 2010 coa Maleza no Festival de Outubro (México), cuxa novena edición tivo a España como país invitado. En 2013 foi convidada a participar na I Edición de Rutas Escénicas (México) xunto a outro catro compañías europeas seleccionadas.

Dirixen e xestionan sálgaa Teatro Ensalle que fundaron en Vigo (Galicia) en 2003. A súa creación supuxo a aparición da primeira sala independente na cidade por aquel entón. A dirección artística céntrase na programación de teatro e danza contemporáneos. A sala homónima é membro da Rede Estatal de Salas Alternativas de España..

Datos de contacto:

http://teatroensalle.com

 Enderezo: C/ Chile, 15. 36202 Vigo.

 Mail: teatroensalle@teatroensalle.com

Teléfono:  986 48 56 09