Rexenerando

 Rexenerando é unha cooperativa ártabra formada por un equipo multidisciplinar de cinco mulleres. Desde ela, traballamos con comunidades e grupos facilitando procesos de transformación social co obxectivo de rexenerar os vínculos das persoas co mundo, con outras persoas e consigo mesmas. Desenvolvemos proxectos propios e proporcionamos a entidades e empresas servizos integrais, desde o deseño do proxecto ata a coordinación e execución, incluíndo a facilitación, a comunicación e o deseño gráfico. As nosas áreas de traballo son:

_Facilitación de grupos e participación social

_Xéneros e identidade

_Cultura, memoria e territorio

_Comunicación e gráfica

Máis en: 

Web: www.rexenerando.com

Correo: info@rexenerando.com

Teléfono: 698 157 414

Nas redes:
facebook.com/rexenerando/
twitter.com/rexenerando