O SALTO GALIZA

logo O Salto Galiza Mostra do PosibleO SALTO GALIZA

Parece claro que a sanidade, a educación e a protección social son dereitos básicos para as persoas. Todas somos conscientes do que supón a súa privatización e mercantilización. Que pasa coa información? Temos que reivindicala tamén como dereito básico que é, dereito a unha información libre, veraz e contrastada.

Mais a liberdade de información está distorsionada. A pluralidade que nos venden baséase no “libre mercado”, cuns medios concentrados en poucas mans, financiados por grandes empresas ou apoiados polo poder político que toque. O que se publica e como se publica obedece a determinados intereses, e non adoitan ser os das maiorías sociais. Nós non queremos ser neutrais, estamos situadas. Non xogamos á fraude da obxectividade.

Aí están os medios comunitarios e os alternativos, que dependen dos seus lectores e fomentan o pensamento crítico para a transformación social. E aí é onde nos encadramos os máis de 20 medios que decidimos artellar O Salto, sumando inquedanzas desde todos os territorios/nacións do Estado baixo unha lóxica colaborativa que permita chegar máis alá das nosas contornas.

O Salto-Galiza agroma como aposta por un espazo común, eliminando barreiras e condicionantes que afectan o dereito á información. Ofrecemos un medio que rexeita a publicidade masiva, que fuxe da dependencia de partidos políticos ou outras afiliacións, en favor dunha total autonomía informativa. Así, afondaremos naqueles temas que non saen nos grandes medios.

Neste camiño, non queremos competir con outras. O noso único obxectivo é informar, facéndoo desde onde nos situamos, no noso país e coa maioría social agredida polo sistema.

Datos de contacto:

https://saltamos.net/o-salto-galiza/

Mail: galiza@saltamos.net

Teléfono: 669 184 178