Nova Escola Galega

Logo Nova Escola Galega Mostra do PosibleNOVA ESCOLA GALEGA

Co nome de Nova Escola Galega nacía, o 11 de Xuño de 1983, en Santiago de Compostela, un movemento asociativo de base, coa finalidade xeral de impulsar o traballo de renovación pedagóxica e de galeguización lingüística e curricular do sistema educativo de Galiza, por medio da agrupación e cooperación de todos aqueles ensinantes galegos de calquera nivel educativo e de todas as persoas socias e colaboradoras que pretenden contribuír coa súa acción e reflexión á construción dun sistema educativo GALEGO, PÚBLICO e DEMOCRÁTICO. Neste senso, a formación do profesorado é a día de hoxe unha das súas principais actividades.

Datos de contacto:

www.neg.gal 

Correo electrónico: neg@neg.gal

Teléfono: 981562577