MÚSICOS AO VIVO
A asociación nace co obxectivo de agrupar e unificar as inquietudes dos músicos de directo, e como plataforma de intercambio de información e opinión. Pretende ser un lugar onde todos os músicos teñan cabida e así posuír unha voz común deste colectivo. A filosofía desta asociación baséase en dignificar a música en directo e o traballo dos músicos que a levan a cabo.
Músicos Ao Vivo nace a finais do ano 2008. Nestes anos de vida, a asociación converteuse nun referente indiscutible para os músicos galegos, como interlocutor lexítimo fronte á administración autonómica, estatal e internacional; e como máximo responsable da comunicación e visibilidade dos músicos galegos, sen facer distinción entre tipos de música, disciplinas ou estilos.
A principios de 2015, a directiva constituínte deixa paso a un novo grupo de músicos para que prosiga o camiño da asociación con novos folgos e perspectivas.
Músicos ao Vivo creou as seccións locais da asociación en Compostela e na cidade de A Coruña, xestionadas polos propios músicos desas zonas e tamén unha sección “Jazz” para tratar a problemática.
Músicos ao Vivo ten participado en diferentes charlas e foros, tanto con entidades privadas como públicas, en busca sempre dunha mellora nas condicións dos músicos galegos.
Datos de contacto:
Centro de traballo: Alcabre Viña Grande, 5 36212 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: (+34) 622 894 525 (mañás)
Mail: info@musicosaovivo.com