Distribuidora Anarquista Polaris

 

Polaris, ou Estrela do Norte, era a estrela que as escravas negras seguiron para fuxir cara o Norte, tentando fugarse da súa condición de oprimidas. Por iso ese nome tan ligado á liberdade é a resistencia para o noso coletivo.

A Distribuidora Anarquista Polaris somos un coletivo libertario afincado na cidade de Pontevedra e adicado á edición e difusión de material escrito, tanto en formato impreso como a través da rede por medio do noso blogue, relativo ás loitas e proxeccións anarquistas, así como tamén relativo ás loitas interseccionais con estas.

No noso posto poderedes atopar fanzines, libelos, libros… sobre loitas sociais, cuestións de xénero, defensa da natureza e dos animais, resistencia contra o racismo, crítica das drogas… consideramos que a propaganda e a teoría non poden nin deben ser un producto, e por iso funcionamos de xeito anticomercial, tentando autoxestionar o proxecto. Isto tamén significa que somos independentes e autónomos respecto de calquera organización política, partido ou empresa, e por suposto, tampouco recibimos (nin aceptamos) a axuda do Estado. Pensamos que son necesarias ferramentas propias, onde sexamos as propias persoas implicadas nas loitas as as que tomamos as decisións e facémonos cargo dos conflictos que poidan xurdir polo camiño. Só dese xeito podemos
confiar realmente no que facemos e en como o facemos.

O material que movemos principalmente é autoeditado, pero tamén difundimos materiais afines doutros coletivos, que consideramos interesantes ou importantes. O ataque cara as estruturas do dominio, e contra a cultura de explotación que cimenta este mundo podre, comeza por ter clara unha análise dese mesmo dominio, e ahí pretendemos achegar o noso graniño de
area.

Pola fin do monopolio ideolóxico da autoridade.

Datos de contacto:

–  Mais info e material do noso colectivo: distripolaris.noblogs.org
– Contacto: distripolaris.noblogs.org