LOAIRAS

LOAIRAS

Somos unha asociación cultural cuxos fundamentos son a sustentabilidade, a conciencia ambiental, a arte e a cultura, a humanización dos espazos, o desenvolvemento sustentable e permacultura, todo isto cunha base de igualdade de xénero.

O noso principal fundamento é traballar para acadar un desenvolvemento máis integrador, sustentable e xusto para todas e todos en relación coas persoas, o medio ambiente e o local, tendo en conta a pegada que xeramos no mundo que nos rodea.
Empregamos un viso integrador e inclusivo a través da Arte e a Ensinanza, promovendo unha sociedade máis humana, cooperativa, equitativa, sustentable e conscente.

Para isto escollemos os espazos públicos como pontos de encontro, lugares onde compartir e xerar coñecementos e lazos a través da aprendizaxe colectiva. A través de obradoiros e intervencións artísticas, queremos suscitar xuntanzas de ocio alternativo de arte e cultura, para combater a individualidade e o hiperconsumo da nosa sociedade actual,, creando lazos comunitarios, promovendo valores e tecendo ambientes máis humanos.

Entre outras actividades organizamos un festival de desarrollo cultural sostible chamado “A Margarida Verde” que englobou diferentes actividades no parque Santa Margarita na Coruña, como bioconstrucción, hortas, compostaxe, reciclaxe, cine, música, danza e muralismo, entre outras moitas. Este ano estamos agarllando a posta en marcha da segunda edición para o  vindeiro mes de setembro, nas dúas últimas fins de semana.

Redes:

Rede de Decrecemento Eo-Navia I Galiza I O Bierzo.

DATOS DE CONTACTO:

Web:  www.loairas.com

Facebook:   www.facebook.com/colectivoloairas

Youtube: https://www.youtube.com/watch?v=DMdcYjm_Fas