COLECTIVO ARTÍSTICO 85C
85C nace como proxecto de visibilización do arte silenciado de moitas mulleres, que loitan día a día por un mesmo sentir: que a súa voz se faga oír nunha sociedade que berra sen cesar, que as súas letras soen en voces nunca imaxinadas e que os seus trazos se trasladen dos papeis, os lienzos e as paredes directos ós corazóns.
Queremos ser esa oportunidade que nunca chega, queremos ser esa posibilidade de ser protagonistas e de ser especiais, queremos calar a unha sociedade soterrada na incomunicación para que por un momento se poida comunicar sen palabras, se poida sentir sen prexuizos, se poida soñar sen barreiras e se poida despegar os pés do chan e voar sen medo.
85C está feito para que todos e todas que o desexen poidan sentir o que é a maxia a través do arte dunhas mulleres loitadoras que non saben de chorar pra mamar, que non saben de vivir axeonlladas, e que non queren aferrarse á sumisión que alguén un día lles quixo impoñer.
Datos de contacto:
https://85cblog.wordpress.com/
Mail: proxecto85c@gmail.com
Facebook: https://www.facebook.com/85cproxecto/