A CASA COLORIDA

Logo A Casa Colorida Mostra do PosibleA CASA COLORIDA

 

O obxetivo principal é o propio PROCESO de ir desenvolvendo PROXECTOS de CULTURA LIBRE facilitados por unha ORGANIZACIÓN COLETIVA AUTÓNOMA ,autoxestionada, aberta e horizontal, SISTEMATIZANDO e COMUNICANDO en aberto para o COMÚN todo o proceso dun xeito transparente e de acceso libre de cara a que outras persoas e proxectos que empaticen con estes principios, podan optimizar a nosa experiencia coas nosas luces e as nosas sombras.

Ten como propósitos, facilitar a cohesión social e fortalecer relacións sociais descentralizadas P2P, máis respetuosas e igualitarias, acollendo propostas cidadanas de acción sociocultural no territorio do Val Miñor e en conexión con outros territorios cos cuais podería criar procesos en rede dentro dos principios de #CulturaLibre e #CódigoAberto.

Algunhas pautas que van marcando o proceso:
– A mellora na calidade das relacións entre os habitantes da rexión do Val Miñor.
– A procura dun modelo económico sustentable e colectivo.
– A sensibilización có medio ambiente.
– A dinamización da arte e a cultura.
– O trazado de relacións con outros espazos, colectivos e entidades.

MODELO ORGANIZATIVO de PARTICIPACIÓN ABERTA a tódala aldeania e colaborador@s do proceso baixo unha metodoloxía asamblearia a través da que tod@s podemos construir xunt@s.

*** FORO COLORIDO é un espazo de encontro aberto para toda a cidadanía no debate sobre cuestións tanto do territorio do Val como sobre o propio Laboratorio da Casa Colorida.

*** ASAMBLEA é unha ferramenta horizontal de definición, construcción e ratificación do proceso do Laboratorio Colorido e os seus proxectos, nos que calquera persoa se pode achegar, colocar puntos na Orde do Día e participar nos debates que den luz ó Coletivo Colorido para ir chegando a consensos na toma de decisións que vaian mellorando o proceso.

FRENTES DE TRABALLO:
ECONOMIA COLORIDA
REDE COLORIDA
MEDIALIBRE COLORIDA
UNI LIBRE COLORIDA

Residencia ColoridaHorta Colorida
Hacklab Colorido
Talleres coloridos

Datos de contacto:

Páxinas web: www.casacolorida.net , www.imaxinaria.org
Fb: https://www.facebook.com/pg/ColectivoCasaColorida