CERTAME FOTOGRAFÍA

 

 

 

 

BASES

I Certame Fotográfico Mostra do Posible

 

1.- Participantes: Poderán concorrer a este certame fotográfico todas as persoas que o desexen, sexan profesionais ou afeccionados, sempre que os seus traballos axústense ás bases do mesmo. Establécense dúas categorías:

         A.- Categoría Senior, para maiores de 18 anos.

B.- Categoría Xuvenil, para menores de 18 anos.

2.- Tema: A temática e “A miña visión persoal da Mostra do Posible´18”

As  imaxes  deberán reflexar calquer aspecto da  feira de mostras ou das diversas  actividades que alí se farán.

As fotografías se farán os días 6 e 7 de outubro de 2018 na localidade de Cangas.

3.- Formato: Cada participante poderá presentar un máximo de cinco fotografías en formato dixital independientemente da forma en que foran tomadas, tanto en cor como en branco e negro e cun tamaño mínimo de 10×15 cm. E calidade mínima de  240 ppi. Deberán estar renombradas cun título e as iniciais da autora ou autor.

4.- Condicións de uso.

Os dereitos morais das fotografías son intransferibles e irrenunciables. Tal e como establece  o artigo 1 de la LPI (Lei de Propiedad Intelectual), “A propiedade intelectual dunha obra literaria, artística ou científica correspondelle o autor polo só feito de súa creación”

Tendo esto en conta @s participantes do concurso, ceden as súas fotografías presentadas a este concurso para utilizarse para o desarrollo e promoción do propio evento da Mostra do Posible nesta  edición e seguintes.  Polo tanto a organización convocante non adquiere ningún dereito sobre las fotografías, soamente unha cesión voluntaria do autor ou autora.

Calquera uso que se faga coas fotografías, gañadoras ou non, deberá ir sempre acompañado do nome do autor nun lugar visible

Premios: Establécense dous premios por cada categoría

Categoría Senior

Primeiro premio: Curso de Fotografía impartido polo Colectivo Abrenoite de Cangas  e lote de libros de Catro Ventos Editora.

Segundo Premio: lote de libros de Catro Ventos Editora.

Categoría Xuvenil:

Primeiro premio: Vale de 50€ para adquisición de material fotográfico na tenda Miguel Fotógrafo  (Urzáiz, 184 -Galerías Calvario) en Vigo e lote de libros de temática xuvenil de Catro Ventos Editora.

Segundo Premio: Lote de libros de temática xuvenil de Catro Ventos Editora.

Xurado

Estará formado por membros da Colectivo Fotográfico Abrenoite de Cangas e da organización da Mostra do Posible.

Envío das fotografías

O mail oficial da Mostra do Posible: mostradoposible@gmail.com

No corpo do mail indicarase, o nome e apelidos da participante e categoría na que participa. Tamén adxuntarase a ficha de inscrición cuberta anexa a estas bases.

Data límite de admisión das obras

14 de Outubro de 2018

Entrega de premios

Levarase a cabo antes da finalización do mes de outubro, no lugar que estime a organización máis oportuno.

PDF COAS BASES DO CERTAME E A FICHA DE INSCRICIÓN