Acampada gratis !!

Logo da Asociacón Cultural A Tiradoura de Cangas do Morrazo

!! Acampada gratis na Tiradoura!!

A A. C. A Tiradoura colabora coa Mostra do Posible aportando unha magnífica zona de acampada no centro de Cangas do Morrazo.

A pouco máis de 300 metros dos espacios onde se van a desenvolver as actividades da Mostra do Posible atópase a A. C. A Tiradoura cun terreo amplo e arbolado no que situar as vosas tendas.

Podes facer uso da zona de acampada de xeito totalmente gratuíto do venres 6 ao domingo 8 de outubro.

Si queres vir envíanos un mail a mostradoposible@gmail.com avisándonos de cantas tendas, cantas persoas, e os días que ides estar.

A zona de acampada está pensada para facilitar a asistencia de tódolos colectivos e persoas interesadas.

Esperamos que a vosa estancia na Mostra do Posible sexa agradable e fructífera!! 🙂

Imaxe zona de acampada.

Imaxe zona de acampada. Imaxe zona de acampada. AC A Tiradoura Imaxe zona de acampada.