Que é a Mostra?

A MOSTRA DO POSIBLE

A Mostra do Posible de Cangas do Morrazo é un encontro de entidades de economía solidaria e movementos sociais mediante o que se pretende visibilizar que exinten alternativas para construír entre todas un mundo máis xusto.

Por unha banda, as empresas de economía solidaria están confecionando potentes ferramentas de transformación colectiva, que buscan cooperar en lugar de competir e poñen ás persoas no centro. A economía solidaria fai posible que hoxe en día podamos satisfacer parte das nosas necesidades cotiás contribuíndo a creación dun mundo máis xusto e solidario.

Por outro lado, os movementos sociais buscan influír na toma de decisións sobre o que é de todas,  defendendo que outro tipo de políticas públicas é posible. Ademais, nos movementos sociais reside a creatividade e a experiencia de outros xeitos de organización colectiva.

A primeira edición da Mostra do Posible realizouse en Cangas do Morrazo o 7 e 8 de outubro de 2017. Participaron 52 entidades sociais galegas e realizáronse 21 actividades durante esa fin de semana: faladoiros, palestras, presentacións, obradoiros, feira, concertos,..

Actualmente estamos argallando a forma de realizar unha nova edición. Non dubides en facernos chegar calquera suxerencia, será benvida: mostradoposible@gmail.com