ARTIGO 14
Artigo 14 é a primeira cooperativa de avogadas e avogados que se constituíu en Galicia.
Artigo 14 presta asesoramento xurídico profesional. A formulación ética das relacións xurídicas configúrase como a principal característica do despacho, sendo esta tanto a base deontolóxica do exercicio da avogacía como o marco do compromiso persoal con cada cliente.
Procuramos que a defensa dos dereitos e o exercicio das liberdades das persoas se constrúan colectivamente, polo que traballamos para aproximar o ordenamento xurídico ás persoas, tratando de explicar de forma comprensible as posibilidades e coberturas legais que lles asisten.
O dereito é un soporte para o amparo lexítimo de todos os cidadáns, un medio para desvirtuar o medo e a desinformación e é, en definitiva, a principal garantía dunha sociedade avanzada, digna e democrática.
DATOS DE CONTACTO
Web: www.artigo14.es/
Enderezos:
Rúa Fonte de Santo Antonio, 17, 1º15702 Santiago de Compostela
Rúa Juan Flórez, 8, 5º 15004 A Coruña
Mail: info@artigo14.es
Teléfono: 881 16 84 19