SOLIDARIAS E VIOLETAS

Logotipo Solidarias e Violetas

Solidarias e Violetas somos un grupo feminista non mixto xurdido na Rede de Solidariedade Popular de Vigo.As mulleres que participamos en Solidarias e Violetas, tentamos construír un espazo autoxestionado e transversal a través do asemblearismo e a sororidade.
Opoñémonos a todos aqueles elementos e discursos que relegan ás mulleres traballadoras a un rol pasivo e conformista (o “traballo sexual”, os ventres de alugueiro, o posporno, a teoría queer, o BDSM…). 
Para facerlles fronte, apoiámonos na defensa dun feminismo de corte anticapitalista, que condene toda explotación cara ás mulleres obreiras e infravalore a nosa forza de traballo.
En Solidarias e Violetas buscamos desenvolver procesos de formación e concienciación a través da organización de diversos coloquios, obradoiros e charlas de forma externa e interna para a deconstrución persoal e colectiva. Tamén participamos na loita feminista dende os espazos locais a través da organización de actos, concentracións e manifestacións que teñan como base a eliminación do sistema patriarcal.

CONTACTO:

https://www.facebook.com/solidariasyvioletas/
https://www.instagram.com/solidariasevioletas/?hl=es