Mostra do Posible 2021

O sábado 25 e domingo 26 de setembro na Alameda Nova de Cangas do Morrazo celebrarase, por quinto ano consecutivo, esta cita da Economía Solidaria e dos Movementos Sociais Galegos.

A Mostra do Posible pretende amosar que existen alternativas de consumo ecolóxicas, democráticas e xustas para tódolos ámbitos da nosa vida. Si cambiamos o noso modelo de consumo podemos mudar a sociedade.

Sabes que o teu banco, a túa compañía de enerxía ou de telefonía, a túa aseguradora ou a túa alimentación poden contribuír a crear a sociedade na que te gustaría vivir?

Ademais os movementos sociais como o ecoloxismo, o feminismo ou a defensa dos servizos públicos son fundamentais para influír na toma de decisións sobre o que é de todas.