NÓS MESMAS
A Asociación Nós Mesmas é unha organización feminista que pretende contribuir a construcción de vías alternativas de pensamento para acadar as condicións necesarias para o exercicio e pleno disfrute por parte das mulleres lesbianas, bisexuais e transexuais dos seus dereitos.
Todo isto en que se traduce?
Traducese nun grupo aberto e cambiante principalmente de mulleres, cada unha cos seus propios criterios sobre cales son os temas que máis nos afectan, pero dende o traballo en equipo buscamos puntos en común, respetando as nosas diferencias.
Queremos facer, crear, aportar ideas e accións para erradicar a discriminación que segue existindo contras o colectivo LGTB, e sobre todo, as mulleres lesbiana, bisexuais e transexuais na Galiza.
Levámolo a cabo mediante accións sociais nacidas e impulsadas por as propias participantes que rachen có patriarcado e cisheterosexismo social e nos empoderen co fin de rematar coa violencia social e institucionalizada contra as mulleres lesbianas, bisexuais e transexuais.
Queremos facer, crear e aportar ideas e accións por que se non nos facemos ver e oír, segueremos sen avanzar, e queda moito camiño por percorrer!!!